PolíticaÚltima hora

A deputada do BNG Olalla Rodil dará unha charla sobre “feminismo hoxe” en Quiroga

O acto será este sábado 26 de xaneiro ás 19h. no salón de actos da Casa da Cultura
A deputada do BNG Olalla Rodil.

Este sábado 26 de xaneiro ás 19h. a Casa da Cultura de Quiroga acollerá unha charla-coloquio sobre feminismo organizada polo BNG da localidade lucense. O acto estará presentado pola concelleira Amparo Montenegro e contará coa presenza de Olalla Rodil, deputada lucense do partido nacionalista no Parlamento Galego.

Partindo da preguta por qué é necesario o feminismo hoxe? Rodil  falará deste tema e dos principios sobre os que se asenta o pensamento feminista, dende unha visión especializada e dun xeito ameno e fluído, comentando incluso con exemplos, situacións que ás veces non sabemos recoñecer no día a día e chegando á conclusión de que “as mulleres teñen dereito a vivir en igualdade de condicións de maneira libre, plena e sen violencias”, aseguran dende o BNG de Quiroga.

Tras a charla abrirase un espazo para que os asistentes pregunten, comenten e expresen as súas opinións ou experiencias.

Artigos relacionados

Back to top button