PolíticaÚltima hora

A deputada electa ourensá polo PSdeG, Marina Ortega, ocupará a vicesecretaría da Mesa do Parlamento

Neste 4 de agosto reuníanse por primeira vez os 14 parlamentarios electos

A deputada electa ourensá polo PSdeG-PSOE, Marina Ortega, ocupará a vicesecretaría da Mesa do Parlamento. Así se ratificou na primeira xuntanza dos catorce deputados electos socialistas.

 

Marina Ortega. Foto: Carlos G. Hevella.

 

“Poñeremos o mellor de nós mesmos para traballar ao servizo da Galicia de igualdade, benestar e progreso que anhelan tantos galegos”, remarcou Gonzalo Caballero na xuntanza, quen indicou que “queremos ser a alternativa de progreso ao PP” e estar “en condicións de dar futuro e benestar a Galicia cando os galegos opten polo cambio”.

 

Os catorce deputados electos do PSdG-PSOE.

 

Ademais, Gonzalo Caballero anunciou “unha oposición leal pero contundente en defensa dos servizos públicos e da igualdade”, coa vista posta en que “ninguén quede atrás” por mor da crise. “Traballaremos para amosar que entendemos a mensaxe da cidadanía e para ser a alternativa de futuro”, concluíu.

Artigos relacionados

Back to top button