En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A devoción pola Santa Rita, no Barco, mantense a pesar das restricicións

Na mañá deste sábado 22 de maio celebrábanse tres misas mantendo o aforo na igrexa

 

Hoxe, sábado 22 de maio, debería ser un día grande no Barco de Valdeorras. É o día en que se conmemora o falecemento de Santa Rita, unha das imaxes relixiosas que máis devoción esperta entre a veciñanza e tamén na contorna, e nun ano normal as rúas estarían cheas de xente, o paseo do Malecón cos típicos das festas e a igrexa abarrotada de fegreses con ramos de rosas.

Pero este non é un ano normal, e malia que a situación sanitaria provocada polo Covid-19 é moito mellor que no 2020 cando estaba en vigor o estado de alarma, a xente segue sen poder congregarse nun entorno pechado, permanecendo prohibidas as procesións. Por iso o programa deste 22 de maio limítase a un pasarrúas a cargo da charanga Bicoia e tres eucaristías.

 

 

Así, mantendo as medidas sanitarias e o aforo ao 50%, na mañá deste sábado, a igrexa de Santa Rita (cuxas obras no tellado remataban hai algo máis dunha semana) acollía a celebración de tres misas na honra a santa ás que os devotos non quixeron renunciar. A primeira tiña lugar ás oito da mañá, a segunda ás dez e media e a maior ás doce e media.

Máis fotos no seguinte enlace: https://www.osil.info/as-rosas-de-santa-rita/

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button