ConcellosÚltima hora

A Diócese de Astorga despide ao bispo emérito, monseñor Camilo Lorenzo

Na eucaristía participaban numerosos sacerdotes, fieis e nove bispos

 

Numerosos fieis, sacerdotes e amigos procedentes de distintos puntos da Diócese de Astorga acudiron hoxe, 15 de xullo, á Capela Maior do Seminario de Astorga para dar o último adeus a monseñor Camilo Lorenzo, bispo emérito asturicense. A capela ardente estivo aberta dende o pasado martes, 14 de xullo ás 10:30h ata o mediodía de hoxe, pouco antes da misa funeral.

O cortexo saíu do Seminario en dirección á Catedral ás 11:30h da mañá e a marcha foi amenizada coa música Banda Municipal. Xa no adro, varios sacerdotes portaron aos ombreiros o féretro de monseñor cara o interior de templo. A misa funeral foi presidida polo arcebispo monseñor Jesús Sanz, quen destacou na súa homilía, a sinxeleza e bondade de Don Camilo. Á eucaristía acudiron un gran grupo de fieis, sacerdotes e nove bispos.

Monseñor Camilo Lorenzo falecía o pasado luns aos 79 anos de idade, despois de agravarse o seu estado de saúde nos últimos días.

Nacido en Porto do Souto – S. Mamede de Canda (Ourense) o 7 de agosto de 1940, realizou os estudios eclesiásticos no Seminario de Ourense entre 1954-1966. Cursou a Licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela entre 1966 e 1972.

Estivo á fronte da Diócese de Astorga (á que pertence á parte oriental da provincia de Ourense) durante dúas décadas. “A súa renuncia foi aceptada polo Santo Padre o 18 de novembro de 2015”, segundo informa a Diócese de Astorga.

 

Artigos relacionados

Back to top button