ConcellosÚltima hora

A Diócese de Astorga suspende as procesións da Semana Semana

Este ano tampouco poderá celebrarse o Viacrucis de Venres Santo nas Ermitas (O Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na vindeira Semana Santa suspéndese todas as procesións e actos cofrades na vía pública na Diócese de Astorga, ás que pertencen as comarcas de Valdeorras, Terras de Trives, Viana do Bolo. Así figura nun decreto asinado polo bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández, e publicado neste 17 de febreiro na web deste Bispado. “A graxe situación pandémica que estamos atravesando e o elevado risco de contaxios polo Covid-19 na nosa Diócese reclámanos algunhas medidas en dorde a impedir a concentración de persoas e a garantir a saúde pública”.

Nel tamén se indica que se “manteñen as celebracións litúrxicas propias da Semana Santa, aténdose en todo momento ás indicacións das autoridades competentes no referente ao aforo e ás medidas sanitarias”.

Esta será a segunda Semana Santa sen actos relixiosos nas rúas, tras a do pasado ano 2020.

 

Artigos relacionados

Back to top button