OurenseÚltima hora

A Dirección Xeral de Tráfico suspende temporalmente os exames teóricos e prácticos de conducir

Tamén se suspenden os cursos de sensibilización e recuperación de puntos

Imaxe dun exame de conducir./ Foto: DXT.

 

Dende a Dirección Xeral de Tráfico veñen de ampliarse as medidas de prevención en aplicación do protocolo de actuación fronte á exposición ao COVID 19. Nese senso, a través dunha nota de prensa, vén de anunciarse que se suspenden “temporalmente, ata novo aviso, os exámenes teóricos  prácticos -de todas as categorías de vehículos- para a obtención do permiso de condución en todas as Xefaturas provinciais de tráfico a partir do luns 16 de marzo”.

Ademais suspéndese “os cursos de sensibilización e recuperación de puntos. Ambas medidas tomáronse de común acordo co presidente da Confederación Nacional de Autoescolas, (CNAE)”, segundo a DXT.

Por outra banda, dende este organismo infórmase de que “a atención presencial aos ciudadáns nas xefaturas provinciales e locais de tráfico realizarase manténdose servizos esenciais, en función das necesidades particulares de cada unha de las xefaturas”.

O servizo público ao ciudadán seguirase realizando a través da atención telefónica e telemática, “xa que un número importante de xestións administrativas relacionadas con vehículos e condutores pódense realizar a través da sede electrónica do organismo e a través de colaboradores terceiros” (ver cadro que segue a continuación), segundo a DXT.

 

 

Finalmente, decidiuse “levantar as restriccións á circulación de vehículos de transporte de mercadorías do 14 ao 28 de marzo, prorrogable en función da evolución da situación, como medida para garantir o subministro de bens esenciais e abastecemento ás cidades”.

Na súa nota de prensa tamén se explica que a DXT anualmente establece restriccións de circulación a este tipo de vehículos “por razóns de seguridade vial, mobilidade e de fluidez durante as fines de semana e días de operacións especiais de tráfico. A medida adoptouse en coordinación co Ministerio de Transporte, Mobilidad e Axenda Urbana e deuse a coñecer ás asociaciones de transporte”.

 

Artigos relacionados

Back to top button