CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

A directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrará no Casino do Barco a súa sesión ordinaria

O presidente do CD Barco Nilo Ramos, un dos vicepresidentes da ACGFútbol, será o anfitrión da reunión o vindeiro sábado 23 de abril

 

O vindeiro sábado 23 de abril o Casino do Barco acollerá a Sesión Ordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol da que forma parte o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, vicepresidente da asociación xunto a Lupe Murillo (Pontevedra CF).

A reunión, convocada polo presidente do colectivo, Ángel A. Fernández Lendoiro, comezará sobre as 12 horas e entre os puntos da orde do día, figuran os informes do presidente e do tesoureiro, así como a posibilidade de organizar tanto o torneo alevín de fútbol-8 como a Gala da asociación.

 

Artigos relacionados

Back to top button