ConcellosÚltima hora

A directiva da Fegamp reúnese co conselleiro de Cultura

No encontro participaban o presidente desta entidade e os vicepresidentes Alfredo García e Alfonso Villares
O conselleiro de Cultura saudando ao presidente da Fegamp e ao vicepresidente Alfredo García.
O conselleiro de Cultura saudando ao presidente da Fegamp e ao vicepresidente Alfredo García.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recibía na mañá do 15 de abril á directiva da Federacióni Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así a este encontro acudían o presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, xunto con vicepresidentes desta entidade, o alcalde barquense Alfredo García e Alfonso Villares.

Un dos momentos da reunión entre a directiva da Fegamp e o conselleiro de Cultura.
Un dos momentos da reunión entre a directiva da Fegamp e o conselleiro de Cultura.

No decurso do encontro intercambiáronse impresións arredor da futura Lei de Patrimonio de Galicia. Esta reunión está enmarcada na rolda de contactos prevista con diferentes entidades dentro dun proceso participativo e aberto que ten como finalidade avanzar na elaboración desta norma. Na xuntanza tamén participaban o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua.

Artigos relacionados

Back to top button