ConcellosÚltima hora

A directiva da Fegamp reúnese coa Xunta

A Administración galega confirmáballe que nos orzamentos do 2015 se manterá o Fondo de Cooperación Local con 113 millóns de euros
Reunión de representantes da Xunta de Galicia coa directiva da Fegamp.
Reunión de representantes da Xunta de Galicia coa directiva da Fegamp.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reuníase o 15 de outubro co vicepresidente do Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; coa conselleira de Facenda, Elena Muñoz; e coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato. No encontro tamén estaban presentes o vicepresidente primeiro da FEGAMP, Alfredo García; o vicepresidente segundo, Francisco García; e o vicepresidente executivo da entidade municipalista, Alfonso Villares. Ademais, por parte da Xunta participaron na xuntanza o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos; e o director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos.

No decurso da reunión os representantes do goberno galego confimábanlle que nos orzamentos para 2015 manterase estable o Fondo de Cooperación Local (FCL), cunha dotación presupostaria de 113 millóns de euros. Ademais, a Xunta manterá estable en 2015 a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que ascende a 11,5 millóns.

Na reunión tamén se trataba a fórmula de colaboración cos concellos na nova Axencia de Servizos Sociais de Galicia, unha vez que se extinga o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o que está previsto para finais do próximo exercicio.

Artigos relacionados

Back to top button