OurenseÚltima hora

A directora búlgara Delyana Lazarova debuta coa Real Filharmonía de Galicia, o 22 de outubro en Ourense

Será a estrea en España de “Fantasía homenaje a Schubert” de Dobrinka Tabakova e a clarinetista principal da RFG, Beatriz López, interpretará a Weber

 

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves, 21 de outubro, ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. Á fronte da orquestra debutará a directora búlgara Delyana Lazarova. As entradas xa están dispoñibles na web www.compostelacultura.gal e o concerto poderá seguirse tamén en directo por streaming a través da canle de Youtube da RFG.

O venres a orquestra actuará no Teatro Principal de Ourense, ás 20 horas, no marco da colaboración que mantén coa Deputación de Ourense.

Schubertiadas é o título do programa, que arrincará coa Abertura de Cossí fan tutte de Mozart (1756-1791). A continuación terá lugar a estrea en España de óbra Fantasía homenaje a Schubert da compositora búlgara Dobrinka Tabakova (1980). A clarinetista principal da Real Filharmonía de Galicia, Beatriz López, interpretará o Concierto para clarinete nº 2 de Carl Maria von Weber (1786-1826). A velada concluirá coa Sinfonía nº 5 de Franz Schubert (1791-1828).

 

Beatriz López, clarinetista da RFG.

Artigos relacionados

Back to top button