EconomíaEconomíaÚltima hora

A directora xeral de Comercio clausurará a asemblea do Barco CCA o 22 de novembro

Está convocada ás 20:30h. no salón de actos do edificio multiusos da vila

 

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, xunto a presidenta do Barco CCA, durante un acto celebrado anteriormente en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os asociados do Barco Centro Comercial (CCA), que preside Sandra Moldes, celebrarán a súa asemblea xeral ordinaria o vindeiro xoves 22 de novembro a partires das oito e media da tarde no salón de actos do edificio multiusos barquense. Na súa orde do día incluirase a aprobación da memoria de actividades 2017, a ratificación por parte da asemblea das novas solicitudes de afiliación, así como a liquidación do orzamento do 2017 e a previsión do do 2018.

Nesta ocasión o acto de clausura correrá a cargo da directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal. Despois da súa intervención, os asistentes compartirán un viño de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button