ConcellosÚltima hora

A directora xeral de Conservación da Natureza, no Invernadeiro (Vilariño de Conso)

Presidía a reunión que a xunta consultivaa deste parque natural celebraba na maña do 4 de decembro
A directora xeral de Conservación da Natureza, cos membros da xunta consultiva, visitando o Parque Natural do Invernadeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.
A directora xeral de Conservación da Natureza, cos membros da xunta consultiva, visitando o Parque Natural do Invernadeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Parque Natural do Invernadeiro, situado íntegramente no municipio de Vilariño de Conso, vén de incrementar as súas visitas e está a potenciar as súas actividades, ademais de fomentar as medidas de protección do mesmo. Así se poñía de manifesto na reunión celebrada o 4 de decembro pola xunta consultiva deste espazo natural e que foi presidida pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado.

Co obxectivo de colaborar na xestión dos espazos naturais protexidos e canalizar a participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados, a lexislación prevé que en cada parque natural se constitúa unha xunta consultiva, que terá a natureza de órgano colexiado asesor. Este é o caso da deste parque natural do oriente ourensán.

No decurso desta xuntanza no Invernadeiro, deuse conta de todas as accións e actividades que se levaron a cabo nesta zona protexida durante este ano. En concreto, fixéronse 199 autorizacións de visitas diarias e 18 autorizacións para actividades de educación ambiental na Aula da Natureza e dúas autorizacións de proxectos de investigación.

Reunión da xunta consultiva reste parque natural situado en Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.
Reunión da xunta consultiva reste parque natural situado en Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Invernadeiro posúe uns montes que conforman un lugar de grande importancia ecolóxica no ámbito de Galicia, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe. O seu réxime é de propiedade pública, no que as 5.722 hectáreas, pertencen ao Goberno galego desde 1984, sendo declarado Parque Natural en 1997, así como o feito da inexistencia no seu interior de núcleos habitados son dous rasgos diferenciadores.

Artigos relacionados

Back to top button