ConcellosÚltima hora

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica visita a casa niño na Veiga e a escola infantil de Fátima na Rúa

Amparo González lembrou que está aberto o prazo para que os 23 concellos sen ningún servizo de conciliación poidan solicitar a apertura dun destes centros

 

Na mañá do venres 21 de febreiro, en pleno Entroido, a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, achegábase ata a comarca de Valdeorras en visita oficial.

A primeira parada era a casa niño na Veiga, aberta dende o ano 2016 que atende na actualidade a catro cativos. Alí, acompañada polo alcalde Juan Anta, sinalou que tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), dende o pasado luns está aberto o prazo para que os 23 concellos sen ningún servizo de conciliación poidan solicitar a apertura dun destes centros.

 

A directora xeral Amparo Rodríguez na escola infantil Nosa Sra. de Fátima, na Rúa.

 

Amparo González destacou a calidade do servizo das casas niño que, como acontece na Veiga, “axudan á conciliación das veciñas e veciños dos municipios de menos de 5.000 habitantes”, lembrando que “son pequenos centros de atención á infancia totalmente gratuítos para as familias que atenden a un máximo de cinco nenos”.

De seguido desprazábase ata o concello da Rúa para visitar, acompañado polo alcalde da localidade Álvaro Fernández e membros da corporación, as instalacións da escola infantil de iniciativa social Nosa Señora de Fátima, onde lembrou que “continúa aberto o prazo para que estes centros soliciten axudas para implantar a gratuidade das prazas para segundos fillos e sucesivos”. Esta iniciativa entrará en vigor o vindeiro 1 de abril e o prazo de adhesión para as escolas de iniciativa social estará aberto ata o día sete de marzo.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as dúas primeiras da galería.

Artigos relacionados

Back to top button