Publicidade
OurenseÚltima hora

A DXT incorpora un novo vehículo de vixilancia na provincia de Ourense

Emprégase para o control de determinados comportamentos en vías interurbanas

A DXT incorporou un novo vehículo de vixilancia na provincia de Ourense. Trátase dun vehículo tipo furgón cuxo obxectivo é o de “realizar labores de vixilancia e control de determinados comportamentos viais en vías interurbanas, sobre todo, distraccións motivadas polo uso do teléfono móbil”.

 

O vehículo de vixilancia con axentes da Garda Civil.

 

O novo vehículo de vixilancia atópase operativo na provincia de Ourense dende o mes de xuño. Durante este tempo os axentes formularon un total de 340 denuncias dende este furgón, correspondendo o 46,17% das mesmas ao uso de dispositivos de telefonía móbil durante a condución e o 10,88% ao non uso do cinto de seguridade.

Dende a DXT explican que “a altura do vehículo e do posto de condución da furgoneta permite que os axentes poidan detectar a condutores co teléfono móbil pegado á orella, así como a manipulación do mesmo nunha posición máis discreta, por exemplo, escribindo en aplicacións de mensaxería como Whatsapp. Igualmente facilita a detección deste tipo de comportamentos nos vehículos pesados como autobuses, tráilers, tractocamións ou vehículos mixtos”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close