En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A edición máis épica e numerosa do Gran Premio de Montaña A Rúa

O 5º GPM Galitiming reunía a uns 180 atletas nas catro modalidades: maratón, trail longo, andaina e trail curto

 

A máis esperada, numerosa e dura. Así está sendo a 5ª edición do Gran Premio de Montaña A Rúa Galitiming, organizada polo Club Atletismo Rúa, marcada pola chuvia e como consecuencia a perigosidade do terreo, xa difícil de por si.

O mal tempo era precisamente un dos motivos polos que dos 210 inscritos que tiña a proba, participaran uns 180, nas catro modalidades programadas (maratón, trail longo, andaina e trail curto) sendo así e todo un éxito de convocatoria.

 

Saída do maratón.

 

Coma sempre, o punto de partida e meta está na praza de Fontei, de onde ás 8:45 horas deste domingo 3 de outubro, saían os corredores do maratón (en torno a 50 que saían en dous turnos polo protocolo Covid) que tiñan por diante un duro percorrido de 45 km. Os participantes no trail, moitos de Valdeorras, cunha distancia de 24 km saían ás 9:15 horas; e quince minutos despois, facíano os da andaina de 15,8 km con moita participación valdeorresa entre os que non faltaron os Andarines de Arcos e xente de Casaio, aínda que era nesta modalidade na que fallaron máis inscritos. Os últimos en saír, ás 9:40 horas, era os corredores do mini trail cun percorrido de 16,9 km por diante.

E todo, baixo unha intensa chuvia que só daba tregua unha vez que os corredores e andarines andaban xa polos montes da Rúa.

Coma sempre, dende a organización agradecen a axuda de todos os colaboradores e de forma moi especial aos voluntarios. “Sen vos isto non sería posible”, dixo Iván Dosantos, tras da a última saída.

 

Artigos relacionados

Back to top button