EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A elaboración artesá de cervexa, paso a paso

52 persoas asisten ao segundo obradoiro que se imparte no Barco para aprender a facer este tipo de bebida

Dende os ingredientes e as súas características ata cada detalle do proceso, que remata coa fermentación do mosto. O II Obradoiro de Elaboración de Cervexa Artesá comezaba na mañá do 7 de marzo no Barco cunha explicación teórica de qué é e cómo se fai esta bebida.

E despois da teoría, chegaba a práctica. Os 52 alumnos deste curso, organizados en dous grupos, podían seguir, paso a paso, como se elaboran catro variedades diferentes de cervexas artesás: Summer Ale, Black, Harvest Pale Ale e Oktoberfest.

Este obradoiro, que está tendo como escenario o IES Martaguisela, completarase cunha segunda xornada que está prevista para o 14 de marzo. Nela incluíranse dúas catas de cervexas artesás. Esta acción formativa está promovida dende o Centro de Produtos Tradicionais (CPT) e polo Concello do Barco, no marco do proxecto Eixo Interior.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button