ConcellosÚltima hora

A enfermeira María Victoria Núñez será a nova presidenta da Cruz Vermella Valdeorras

A barquense María Victoria Núñez./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

En breve haberá cambio á fronte da Cruz Vermella Valdeorras. Así o anunciaba o seu actual presidente, Maximino Alonso, durante o acto de clausura da asemblea anual da Asociación O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) na tarde do 19 de novembro.

“Fixénme cargo da xestión da Cruz Vermella en 2011”, lembraba Alonso, “e dende entón xa pasaron máis de dous mandatos, así que considero que é momento de deixar paso a outra persoa para que se faga cargo da presidencia. É unha persoa moi coñecida, que exerceu de cooperante no exterior, María Victoria Núñez”.

Alonso non precisaba cando se produciría ese cambio, co que pasará a tomar as rendas da Cruz Vermella Valdeorras, con sede no Barco, esta enfermeira barquense.

Artigos relacionados

Back to top button