EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A entrega de premios da Cata da D.O. Valdeorras, en imaxes

 

Pasadas as 23h. do venres 9 de xullo desvelábanse os nomes dos viños galardoados na XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. Era no decurso da entrega de premios que se celebraba nunha cea que reunión ao sector vitivinícola desta denominación no Hotel Monumento Pazo do Castro.

Na entrega contábase coa presenza de autoridades como o conselleiro do Medio Rural, a vogal do CRDO Valdeorras Araceli Fernández, os alcaldes do Barco e da Rúa, o vicepresidente da Deputación, a deputada autonómica María Albert, e o senador Miguel Bautista, entre outros. Tamén acodían os presidentes dos consellos reguladores da D.O. Ribeiro e da D.O. Ribeira Sacra.

 

 

A continuación, lémbrase os oito viños distinguidos.

Viños brancos

1º Premio- A Coroa Godello de Adega A Coroa S.A.T.
2º Premio- Viñaredo Godello de Bodega Santa Marta S.A.T.
3º Premio- Godeval Godello Cepas Vellas de Bodega Godeval S.A.T.

Viños tintos

1º Premio- Lagar do Cigur Mencía de Adega Melillas e Fillos S.L.
2º Premio- Maruxa Mencía de Virgen del Galir S.L.U.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.

As mencións especiais “viños doutras añadas”:

Brancos: Pedrazais Godello 19 de Adega Alán S.A.T.,
Tintos: Joaquín Rebolledo Barrica 19, no caso dos tintos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button