EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A entrega de premios da Cata dos Viños de Valdeorras será o 31 de xullo no Pazo de Castro

O acto terá lugar a partir das 21h. e desenvolverase no marco dunha cea do sector do viño

Un dos momentos da Cata Oficial dos Viños da D.O. Valdeorras, o 10 de xullo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco de Valdeorras) será escenario o vindeiro 31 de xullo ás 21 horas o acto de entrega de premios da XXI Cata Oficial de Viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Distinguíranse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos e ademais habera unha mención especial para viños de anteriores colleitas.

A cata tiña lugar o pasado 10 de xullo na sede do CRDO Valdeorras, en Vilamartín. Un total de oito catadores analizaban 28 mostras de brancos e 29 tintos.

Os viños galardoados faranse públicos no marco dunha cea prevista para o 31 de xullo, un acto que pretende ademais poñer en valor ao sector e que vén a substituír á Feira do Viño de Valdeorras neste ano, marcado pola crise do Covid-19.

 

Artigos relacionados

Back to top button