DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A entrega de trofeos da XI Carreira dos Santiños en fotos

Pasadas ás 13:30h. deste dominto 4 de novembro concluía nas pistas de Calabagueiros (O Barco) a derradeira das probas da XI Carreira Popular dos Santiños. Así tras a competición dos maiores (Sub18-20, Sub23-sénior, máster e Sub16) ás 12h., desenvolvíanse as carreiras dos atletas da base: Sub14, Su12, Sub10 e prebenxamíns.

E era precisamente por estas categorías inferiores por onde comezaba a entrega de trofeos, cos primeiros clasificados infantís. E dende aí en ascenso ata chegar aos másters. Na entrega de premios contábase coa presenza do concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, e co responsable da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), Manuel Rodríguez Teijeiro.

Fotos: A.R.
Máis fotos:
https://www.osil.info/dominio-absoluto-de-alejo-ares-adas-nunha-carreira-dos-santinos-pasada-por-auga-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close