EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A entrega dos X Premios Ribeiro, en fotos

 

O Auditorio de Ourense acollía na pasada tarde a gala de entrega dos X Premios da D.O. Ribeiro. Un dos momentos máis esperados da gala era o anuncio dos mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro, pertencentes á D.O. Ribeiro.

Tinalla 2020, de Javier Estévez Abeledo, resultou elixido como Mellor Viño Tinto Colleiteiro; Eduardo Peña, de Eduardo Rodríguez e Luz Cánovas recibiu o galardón de Mellor Viño Branco Colleiteiro; no viño Priorato de Razamonde 2019, de Priorato de Razamonde recaeu a distinción Mellor Viño Tinto de Adega; e Ramón do Casar Treixadura, de Ramón do Casar, foi distinguido como Mellor Viño Branco de Adega.

 

 

Ademais, Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Mediaset España, recoñecido co Premio Persoeiro de Honra polo seu labor de divulgación da cultura vitivinícola; a enóloga Almudena Alberca, primeira muller Master of Wine española e directora técnica de Entrecanales Domecq e Hijos, que recibiu o Premio Muller e Viño, polo papel que representa no mundo profesional do viño, e Xulia Bande, Premio Vida entre Vides, unha emprendedora do mundo rural e unha colleiteira de éxito.

 

 

Outros premiados foron o xornal dixital Campo Galego, que recibiu o Premio como Mellor Labor de Comunicación, que recolleu Beatriz González en representación do xornal, e a película Cuñados, distinguida co Premio Ribeiro en Nós, polo seu labor de promoción do sector adegueiro en xeral e do Ribeiro en particular, e que recolleu Alfonso López, xefe de Desenvolvemento de Negocios e producións da produtora Portocabo.

 

 

Nesta edición os premios Mellor servizo de viño en restaurante foron para A Taberna (Ourense); o de Mellor tenda especializada– vinoteca para La Vivariense (Viveiro) e o de Mellor taberna–bar de viños para Jaleo (A Coruña).

O acto reunía a unhas 350 persoas, entre as que había profesionais do sector e tamén diversas autoridades, entre elas o conselleiro do Medio Rural, así como o delegado da Xunta en Ourense e alcaldes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button