ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

A Ermida (Quiroga) honra á Virxe dos Remedios

 

Neste 9 de setembro veñen de culminar os actos da Romaría da Ermida (Quiroga) na honra da Virxe dos Remedios. Ás 13h. iniciábase a procesión, unicamente acompañada polas persoas que portan o estandarte e a imaxe da Virxe. Nese traxecto, tres campaneiros tocaban, por turnos, as campás da igrexa parroquial. Non obstante, por segundo ano consecutivo, a situación sanitaria impedía a saída do Meco e das Pampórnigas.

 

 

O traxecto da procesión finalizaba no adro da igrexa parroquial onde se oficiaba a derradeira das misas do programa festivo deste ano. Era unha eucaristía concelebrada polo párroco da Ermida e por outros dous sacerdotes mozambicanos e así como párroco de Quiroga, que é de orixe venezolana, e na que tamén cantaba o coro que acostuma actuar nesta romaría.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button