CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A Escola de Gaitas do Concello de O Bolo prepárase para a súa presentación

Os cativos estrearanse como banda no II Festival no Castelo do Bolo este sábado

Este sábado 14 de xullo, a banda da Escola de Gaitas do Concello de O Bolo actuará por primeira vez en público. Será no marco do II Festival no Castelo organizado pola Escola de Gaitas da Deputación de Ourense en colaboración co Concello, que xuntará a partires das cinco da tarde a un bo número de gaiteiros de diferentes partes do mundo.

Sheila, Ainara, Rosa, Martín, Roberto, Íker, Javito, Adrián, Antón, Aroa e Edgar, son os cativos que forman parte da banda formaba no Bolo hai un ano. Levan tempo preparándose pero, para que todo saia perfecto na presentación oficial, tiñan un ensaio xeral na mañá do 12 de xullo. No mesmo escenario no que actuarán o sábado, os nenos dirixidos polo director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, botaban man das gaitas, acompañados por uns personaxes moi especiais: as aves que formarán parte da exhibición de cetrería prevista tamén para o sábado. Será precisamente unha desas aves as que entregue o seu diploma a cada membro da banda, un bonito detalle que sen dúbida encantará aos gaiteiros en ciernes.

E mentres os cativos ensaiaban no patio de armas da fortaleza medieval, no interior da torre da homenaxe inaugurábase unha peculiar exposición de gaitas primitivas. Pertencentes ao Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, na mostra poden verse gaitas de diferentes partes do mundo co seu correspondente nome: de Irán (Ney-anban), de Túnez (Mitsui), de Malta (Zaq), de Rusia (Volinka),… O propio Foxo fixo de guia explicando a orixe e características de cada unha.

Así pois, no Bolo xa está todo preparado para este sábado cando os afitrións interpretarán catro temas: Ai Vai, A Casadiña, Muiñeira de Lugo e o Antigo Himno do Reino de Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button