SanidadeÚltima hora

A Escola de Saúde da Limia achégase a Baltar

A Casa da Cultura deste municipio acollía o obradoiro “Alimentación e enfermidades”
Participantes nunha das actividades da Escola de Saúde da Limia. Foto cedida.
Participantes nunha das actividades da Escola de Saúde da Limia. Foto cedida.

A Escola de Saúde da Limia continúa co seu proxecto divulgativo “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia”, desta volta, cunha actividade en Baltar. Na Casa da Cultura desenvolvíase o obradoiro “Alimentación e enfermidades”, que tocaba aspectos como a prevención de doenzas crónicas como a hipertensión, hiperglucemias ou hipercolesterolemia.

Tambén se facilitaba material para axudar a comprender todo o relacionado coa alimentación nas personas maiores, así como as cuestións a ter en conta cando hai necesidade de realizar unha dieta para mellorar as medicións dos valores relacionados con enfermidades crónicas.

Esta actividade forma parte do “Proxecto de intervención e educación sociosanitaria na zona rural “, subvencionado pola Deputación de Ourense e realizado coa colaboración do Concello de Baltar. Ten sido posible grazas á implicación dos farmacéuticos especialistas en nutrición Pablo García Vivanco e Yolanda Gómez e á titulada en enfermería Sonia Rodríguez Joga.

Con obradoiros coma estes preténdese o achegamento dos profesionais sociosanitarios e a promoción da saúde, descentralizando desta forma as actividades que l Asociación Escola Rural de Saúde da Limia vén realizando.

Artigos relacionados

Back to top button