ConcellosÚltima hora

A Escola Infantil do Barco disporá dun total de dezaoito prazas libres para o vindeiro curso

O prazo para realizar as solicitudes permanerá aberto ata o 9 de abril
Entrada principal da Escola Infantil do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Dende hoxe, 14 de marzo e ata o 9 de abril inclusive, permanecerá aberto o prazo para a solicitude de prazas na Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.

Tal como adiantan dende o Concello, para o próximo curso escolar disporase dun total de 18 prazas libres (8 para nenos nados no ano 2018, 4 para nados no 2017 e 6 para nados no 2016). Tanto as condicións para realizar a solicitude como o resto de detalles, así como a documentación necesario e os impresos poden atoparse no seguinte enlace: http://www.concellodobarco.org/index.php?id=84

Artigos relacionados

Back to top button