OurenseÚltima hora

A Escola Municipal de Piragüismo de Ourense, campioa de España de Clubs en Master Maratón

Os seus representantes eran recibidos polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome

O alcalde de Ourense cos respresentantes da Escola Municipal de Piragüismo de Ourense.

 

Na mañá deste deste xoves 10 de xuño, o  Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibía aos membros da Escola Municipal de Piragüismo de Ourense, que veñen de proclamarse campións de España de clubs na categoría Máster Maratón de veteranos na proba disputada en Pontevedra.

O representante da escola, José Luís Fernández Bermejo, busca o apoio para mellorar as súas instalacións, unha concesión municipal, que se van quedando pequenas debido ao crecemento de deportistas na escola, especialmente entre os máis pequenos. Agora mesmo, estas instalación representan “unha limitación” para o normal desenvolvemento da práctica deste deporte.

Este club compite xa en todas as categorías, e recentemente tamén colleitaron éxitos a nivel galego con deportistas benxamíns e cadetes. O feito de contar cada vez con máis nenos e nenos leva consigo que “comece a haber resultados, malia que leven pouco tempo traballando”. A maioría dos rapaces “levan tan só un ano adestrando, arredor de 25, e outros cinco ou seis, levan dous anos e xa conseguiron algunha cousiña”, dixo José Luís Fdez. Bermejo.

Así pois, os representantes da escola solicitan ao goberno municipal que “vaian visitar as instalacións, para coñecer de primeira man asituación na que se atopan”. Pola súa parte, tanto o alcalde, Pérez Jácome, como o asesor de deportes do Concello, Aníbal Blanco, manifestaron a súa intención de facerlles unha pronta visita. De feito, Aníbal Pereira considera o piragüismo “un deporte con puxanza na cidade, amais de ser un deporte moi vistoso”. Para o goberno municipal “todo o que faga referencia a que haxa nenos e nenas practicando deporte aquí é a nosa obriga dar facilidades para que sigan facendo cousas”.

Artigos relacionados

Back to top button