CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada inicia o proceso de admisión para o curso 2021/2022

O prazo estará aberto dende hoxe ata o 28 de abril

 

Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. /Foto: EOI.

 

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ponferrada inicia hoxe e ata o 28 de abril, o proceso de admisión de alumnos para o curso 2021/2022.

A oferta da EOI é de alemán, francés, galego, inglés e  portugués (A1, A2, B1, B2.1, B2.2, C1) e italiano (A1, A2, B1, B2.1). O acceso será directo a A2, B1, B2.1, B2.2 e C1; por proba de clasificación ou por acreditación de nivel. Tamén se admitirán antigos alumnos que queiran actualizar coñecementos dun curso xa superado. B2 de inglés nun curso: B2.1 (1º cuatrimestre) + B2.2 (2º cuatrimestre).

A xestión será vía online no seguinte enlace: https://www.eoidigital.com/jcyl/; telefonicamente no 987 402 200, de luns a venres de 9 a 14 horas; ou en ventanilla, no mesmo horario e con cita previa.

 

Artigos relacionados

Back to top button