CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A escritora valdeorresa Mencía Yano le o manifesto do Día da Muller en Petín

A actividade organizada polo Concello incluía a proxección do documental "Noetiña", producido por Domingo Díaz

 

Numerosoas veciñas e veciños se reunían na tarde deste venres 6 de marzo na Casa da Cultura de Petín para celebrar o Día da Muller. Unha conmemoración que arrancaba en torno ás catro da tarde coa presentación por parte da alcaldesa de Petín Raquel Bautista e a lectura dun manifesto a cargo da escritora local Mencía Yano.

Ninguén mellor que unha escritora para dar forma a un texto elaborado para a ocasión no que a propia Mencía asegura que “mentres siga habendo mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas, seguirémonos reunindo e reivindicando igualdade”.

 

O produtor do documental, Domingo Díaz.

 

O programa incluía a proxección do documental “Noetiña”, producido polo petinés Domingo Díaz Docampo. Gañadora do I Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña, a peza conta a historia de Jenifer Suárez Silva, filla e neta de pescadores que quere seguir a saga famliar e unha vez que se retire o seu pai, ser a propietaria do barco “Noeta”. Aos seus 25 anos xa asume parte da responsabilidade turnándose co seu pai á fronte do barco e aínda que ten o apoio da súa familia non o terá fácil xa que está embarazada e xurden as dúbidas sobre o coidade dos fillos, poñendo en perigo o seu soño.

Diante do público de Petín e antes do visionado do documental, o propio produtor explicou que malia ter ás mulleres do mar como protagonistas “seguro que vos ides sentir identificadas con Jenifer”, a quen chaman co alcume de Noetiña.

E trala proxección, a sexóloga e especialista en xénero Jeane Costa, impartiu un obradoiro sobre igualdade, con exercicios a partir dos contidos do documental para facer reflexionar aos asistentes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button