CulturaCulturaÚltima hora

A escultura de Cochorro en “Cen anos de arte galega. Grandes mestres”

A mostra pode visitarse ata finais de agosto na 3ª planta do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña
O escultor Cochorro conta cunha exposición no Barco (na imaxe) e  ten unha obra nunha mostra de arte galega na Coruña./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O escultor Cochorro conta cunha exposición no Barco (na imaxe) e ten unha obra nunha mostra de arte galega na Coruña./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O valdeorrés Cochorro é un dos 37 creadores galegos cuxa obra forma parte da exposición “Cen anos de arte galega. Grandes mestres”, organizada por la galería José Lorenzo. Nela reúnense un total de 64 obras representativas da arte galega dos nun marco temporal que vai dende o século XIX ata finais do século XX.

Esta mostra, que inclúe aos artistas máis significativos da plástica e escultura galega contemporánea, poderá visitarse ata o vindeiro 31 de agosto na 3ª planta do Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña.

Ademais de pezas escultóricas de Cochorro e do ourensán Buciños, poden verse obras de creadores como Sotomayor, Maside, Laxeiro, Colmeiro, Souto, Xoán Piñeiro ou Molezún.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button