CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

A escultura do valdeorrés Cochorro reencóntrase co público en Pontevedra

A exposición "Da figuración á abstración" poderá visitarse ata finais de xaneiro na Galería Píntega

Publicidade

 

Coa textura e as formas xeométricas, algunhas máis sutís e outras máis matizadas, pero sen perder a referencia figurativa, xogan as esculturas da nova exposición do valdeorrés Luis Fernández González “Cochorro”. Dende esta semana a obra deste recoñecido artista de Rubiá pode visitarse na Galería Píntega, na rúa Rosalía de Castro, 4 de Pontevedra.

 

O escultor Cochorro, natural de Rubiá./ Foto: A.R.

 

Baixo o título “Da figuración á abstracción”, a mostra reúne unha decena de pezas, principalmente de gran formato, esculpidas en mármore de Biobra (Rubiá), en mármore branca e en madeira. Entre elas poden atoparse unha maternidade de pé e un torso que exemplifica claramente o camiño cara abstracción que se plantexa como temática da exposición.

Para Cochorro supón unha satisfacción este reencontro da súa obra co público, e ademais nunha nova galería, despois duns catro anos sen expoñer. Esta mostra poderá visitarse ata finais de xaneiro.

Fotos da galería: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button