CulturaCulturaenBarcArteÚltima hora

A esencia da traxectoria creativa da valdeorresa Reme Remedios en enBarcArte

A súa obra "Composición para Romiña" pode verse na exposición "As vidas humanas" dentro deste festival barquense

“Composición para Romiña” de Reme Remedios na mostra “As Vidas Humanas” de enBarcArte./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais das nove obras (oito delas no exterior) que poden verse no espazo público do Barco, o 2º Festival de Instalación Artísticas no contexto urbano do Barco “enBarcArte” tamén inclúe unha exposición na sala de Abanca. O seu título é “As vidas humanas” e reúne arredor desta temática obras (de estilos, formatos e técnicas moi diversas) de trece artistas, sete deles valdeorreses.

Entre eles está Reme Remedios que presenta nesta mostra “Composición para Romiña”, unha proposta na que se resume boa parte da súa evolución creativa e na que emprega técnicas diversas: colaxe, debuxo, teas, acrílico…

“Cando contactei con Reme para que participara propúxenlle que fixera un resumo da súa creación, de obxectos de diferentes exposicións e a ela encantoulle a idea. Entón veu á sala e realizou a composición aquí mesmo. Trouxo moita obra e levouse máis de metade. O último que fixo foi a intervención da parede cun debuxo. Podemos dicir que esta obra reúne o conxunto da súa produción artística, que é moi íntima e persoal e, á vez, é a súa última obra”, comenta o curador de enBarcArte, Jorge Barredo.

 

 

Na composición poden distinguirse varias partes. Unha delas é a pintura mural central, titulada “Amor en Romiña”. Romiña, tal e como explica a propia autora, é a aldea na que se criou. “A arte é o meu fogar, e tece ao redor de “Amor en Romiña” pequenos tapices, pezas persoais, debuxos sobre papel”, en palabras de Reme Remedios.

Ademais están os “Relicarios do acto creador” e un debuxo que chora na parede sobre caixiñas de cartón intervidas con imaxes do “Xardín das delicias”, entre outras pezas.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close