Deportes

Á espera do líder

O C.D. Barco recibirá ao Ribadumia o 8 de decembro en Calabagueiros
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A nivel ofensivo estamos ben pero o aspecto defensivo hai que melloralo. No momento en que o consigamos e deixemos de encaixar tantos goles oequipo comezará a gañar poñéndose nunha zona tranquila”. Así de rotundo se amosaba o míster do Barco Javi Rey en outubro e só un mes despois os resultados dábanlle a razón, sen perder un só partido en todo o mes.

A vitoria (a terceira da tempada) chegaba a domicilio ante o Porriño ao que os rapaces de Rey vencían por 0 goles a 3, e a partires de aí foi un suma e segue. 2-1 en Calabagueiros (O Barco) ante Pontellas, 0-2 a domicilio ante o Caselas e finalmente 1-0 en casa ante O Grove.

Con estes resultados o equipo sénior do C.D. Barco lograba ascender ata o 6º posto da clasificación a só seis puntos da cabeza.
O mes de decembro comezaba igual de ben, gañando pola mínima ao Celtiga, á espera do líder da clasificación en Preferente, o Ribadumia, ao que se enfrontará o vindeiro 8 de decembro en Calabagueiros.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button