OurenseÚltima hora

A Estación de Montaña de Manzaneda acolle o campus Winners de baloncesto feminino de alto rendemento

Oca Hotels é o lugar escollido para o desenvolvemento desta actividade que ten lugar do 7 ao 20 de xullo

Winners, un campus de baloncesto feminino de alto rendemento, estase a desenvolver na Estación de Montaña de Manzaneda (Oca Hotels), do 7 ao 27 de xullo. As xogadoras que participan están en etapa formativa e existen diferentes turnos por idades. O número máximo será de 34 participantes.

 

Durante un adestramento.

 

O campus foi estreado polas nenas da categoría mini (do 7 ao 13 de xullo), seguidas polas infantís (do 14 ao 20) e finalmente, do 20 ao 27 de xullo, será o turno para a categoría cadete. Así, a xornada de adestramentos é de 10h a 13h e de 17,30h a 20,30h. Seis horas diarias nas que se traballarán os xestos técnicos das xogadoras con cinco tipos de adestramentos diferentes.

Así, este campus tiña sede en Barcelona, onde xa van pola VII edición, pero decidiron engadir outra en Galicia. A sede galega está dirixida polas entrenadoras Paula Ibañez, como directora xeral, e a ourensana Analén González como directora deportiva.

Por outra banda, o campus está amadriñado pola xogadora internacional Paula Ginzo, a cal acompañará ás nenas durante algúns dos seus adestramentos. Esta actividade conta con adestradores de primeiro nivel como Miguel Ángel Ortega (Perfumerías Avenida, LF), Ángel Navarro, ou o portugués Daniel Brandao.

 

Durante un adestramento.

 

Fotos: Cedidas polo campus Winners

Artigos relacionados

Back to top button