DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña de Manzaneda acollerá campamentos de verán para familias afectadas pola crise do coronavirus

O programa "Montaña de solidariedade" organizado pola Deputación e MEISA, permitirá que 100 cativos pasen unha semana desfrutando de actividades deportivas e lúdicas en plena natureza

 

 

“Ofrecer a fillos de familias ourensás afectadas pola crise do Covid-19, a posibilidade de desfrutar gratuitamente dun campamento de verán entre os meses de xullo e agosto na Estación de Montaña de Manzaneda”, é o obxectivo do programa “Montaña de solidariedade”, unha iniciativa aprobada hoxe pola Xunta de goberno da Deputación de Ourense, e que porá en marcha a institución provincial en colaboración con MEISA.

A proposta permitirá que 100 nenos realicen estancias dunha semana, en grupos de 50 cada uno, desfrutando das actividades deportivas, de ocio e natureza que ofrece a estación de montaña. “Dende o inicio da crise marcámonos como única prioridade as persoas, e dentro dos aspectos sanitarios, sociais e económicos, a infancia ocupa un lugar transversal, e esa é precisamente, a finalidade deste programa: que os menores, cuxas familias sofren os efectos económicos da pandemia, poidan desfrutar de vacaciones a pesares do duro revés económico que poideran padecer nos seus fogares”, asegura o presidente da Deputación, Manuel Baltar.

Os campamentos de verán de “Montaña de solidariedade” realizaranse do 18 ao 25 de xullo e do 25 de xullo ao 1 de agosto, e están dirixidos a nenos pertencentes a familias beneficiarias das axudas do programa ComerciOU. A inscrición farase por orde de rexistro de solicitudes, para o cual se habilitará un espazo na web da Deputación.

O programa, inclúe aloxamento noalbergue da estación; pensión completa, incluída merenda; e paquete de actividades diarias (piscina, rocódromo, pistas de tenis, campo de fútbol, circuíto de karts, rutas de sendeirismo e parque multiaventura), contando con todas as medidas de seguridade para reducir os riscos hixiénico-sanitarios fronte ao coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button