En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A estación de montaña de Manzaneda prevé abrir as pistas de esquí este domingo

Dende este complexo tamén se alerta aos visitantes de que as “condicións invernais existentes fannos insistir en que veñan provistos de cadeas/rodas de inverno”

As nevadas caídas nas últimas horas cubrían completamente de branco Cabeza de Manzaneda. Nesta tarde dende a Estación de Montaña de Manzaneda anunciábase a previsión de apertura dunha serie de pistas para a práctica do esquí para mañá domingo 7 de abril.

 

Fonte: Estación de Montaña de Manzaneda.

 

Ademais, “no caso de que as condicións o permitisen, abriríanaw máis pistas. Emitirase un parte de apertura a primera hora”. Dende a estación tamén se alerta aos visitantes de que as “condicións invernais existentes fannos insistir en que veñan provistos de cadeas/rodas de inverno por se fora necesario o seu uso”.

Fotos: Protección Civil de Manzaneda.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-neve-pinta-de-branco-a-primavera-na-montana-ourensa/

Artigos relacionados

Back to top button