DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda abre a venda online para a apertura completa o 12 de xuño

A través das redes sociais sortea 25 pases “Aventura Park”, que dá acceso a todas as actividades

Publicidade
Apertura do bike park.

 

Despois da exitosa apertura do bike park da pasada fin de semana, con 250 visitantes en dous días, Manzaneda xa ten en mente a súa posta de longo do próximo día 12, cando suba o pano da súa nova etapa, marcada por un triplo obxectivo: a desestacionalización, a apertura durante todo o ano como parque de aventura e a captación de todo tipo de público, especialmente o familiar.

E é que Manzaneda non só quere ser coñecida polos descensos, ben sobre neve ou en bicicleta, senón por ser “unha paraxe inigualable e en grao sumo tranquilo (o teito de Galicia), cunha ampla oferta de actividades que van desde o tiro con arco ao sendeirismo ou a marcha nórdica, os circuítos de orientación, o slackline ou os voos na súa tirolina de 250 metros e que acaban cun descenso vertical desde a altura equivalente a un cuarto piso”, aseguran dende Artabria Turismo.

 

Un biker na Estación de Manzaneda.

 

Anticipándose a esa apertura total, na xornada deste xoves 3 de xuño poñía á venda as primeiras entradas para o 12 e 13 de xuño, a través da web. E para animar a estrea, sorteará a través de redes sociais 25 entradas “Aventura”, que dentro dos diferentes tipos que hai son as máis completas, con acceso a todas as actividades, incluíndo a piscina e o circuíto termal.

Con todo, eerá a partir do 24 de xuño cando Manzaneda xa permanecerá aberta todos os días da semana, ata mediados de setembro. E desde entón, todas as fins de semana, algo que nunca ocorrera.

Á espera da apertura do 100% da Estación de Montaña, esta fin de semana, 5 e 6 de xuño, poñerase de novo en marcha o bike park, así como o telecadeira turístico para quen queira subir comodamente á cima de Manzaneda e gozar da perspectiva que ofrece pasear por un dos teitos de Galicia. As entradas para esta fin de semana poden adquirirse a través da páxina web ou nos despachos de billetes en horario de 9:30 a 16:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button