DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda pecha as portas debido ás novas restricións

 

Apenas unha semana despois da esperada reapertura e inicio de tempada, a Estación de Montaña Manzaneda vén de anunciar a través das redes sociais, que “pecha as súas portas ata novo aviso debido ás restricións sanitarias que entran en vigor mañá, 27 de xaneiro, en toda a Comunidade de Galicia”.

Dende a estación, xestionada por Artabria Turismo, aseguran que o seu obxectivo principal “é facer de Manzaneda unha estación segura, polo que seguiremos traballando para acondicionar as instalacións e poder ofrecer novos servizos o antes posible, pero dadas as circunstancias actuais, vémonos obrigados a pechar”, aseguran, agardando poder regresar ás pistas canto antes. “De momento, sentidiño”, lembran.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button