EconomíaEconomíaÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda presenta a II edición do campamento de cociña para cativos

Ocachef está dirixido a xoves de 8 a 13 anos e desenvolverase en dúas quendas no mes de xullo de 2019
Tino Iglesias, de Servicos Gastronómicos Tino Iglesias e Gustavo Samartín, director de Oca Manzaneda, na presentación.

Como o campamento para os “cociniñas” da casa (pequeños con ganas de desfrutar e aprender entre fogóns da man de grandes profesionais), se presenta a segunda edición de Ocachef, o campus de verán que se celebrará na Estación de Montaña Oca Manzaneda no mes de xullo de 2019 (do 7 ao 13 e do 14 ao 20). Dirixido pola empresa Tino Iglesias Servicios Gastronómicos está orientado a nenos e xoves de 8 a 13 anos que recibirán a visita de chefs de recoñecido prestixio e concursantes televisivos.

A presentación do campamento tiña lugar na mañá do 14 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense por parte de Tino Iglesias de Servicos Gastronómicos e do director de Oca Manzaneda Gustavo Samartín, avanzando que as instalacións da Estación de montaña de Manzaneda prepárase para recibir aos pequenos “nunhas instalacións con amplo equipamento deportivo (campos de fútbol, piscina, karts, pista de tenis, tirolina xigante, parque multiaventura…), habitacións confortables, zonas axardinadas e, por supuesto, aulas de cociña equipadas”.

 

Amosando o cartel da II edición de Ocachef.

 

Os asistentes ao campamento aprenderán hábitos saudables, valores como o compañeirismo e a importancia dunha alimentación sana e equilibrada. Ademais, sealizaranse probas e competicións que fomenten o traballo en equipo e o esforzo.

As inscricións para asistir poden facerse enviando un correo a info@sgtinoiglesias.com ou chamando ao teléfono: 633 849 010.

 

Artigos relacionados

Back to top button