En portadaÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda propón ascensos en globo aerostático nas tres vindeiras fins de semana

O globo xa está instalado no campo de fútbol do complexo

Globo aerostático instalado no campo de fútbol da Estación de Montaña Manzaneda. /Foto cedida.

 

A Estación de Montaña Manzaneda suma os ascensos en globo aerostático á súa oferta de actividades para a tempada estival. Os días 21, 22, 28 e 29 de agosto, ademais do 4 e 5 de setembro ofrecerá aos seus visitantes a posibilidade de ascender ata 40 metros máis en globo aerostático para gozar dunhas vistas inéditas.

“Para achegase ao ceo en globo desde a Estación de Montaña -partirá desde o campo de fútbol e ascenderá ao redor de 40 metros, sempre en función da meteoroloxía- só será necesario ter máis de tres anos e moitas ganas de gozar das vistas”, puntualizan dende a Estación. Os interesados xa poden reservar os pases na plataforma https://reservas.manzaneda.com/ ou preguntando directamente aos traballadores das instalacións.

Dende primeira hora deste sábado 20 de agosto, o globo xa está preparado para os ascensos.

Artigos relacionados

Back to top button