ConcellosÚltima hora

A estrada de Navea, entre Río e Trives, chea de barro e pedras

Despois das precipitacións caídas dos últimos días, a estrada de Navea, entre os límites municipais de San Xoán de Río e Trives, está cuberta de lama e pedras, tal e como pode comprobarse nestas imaxes.

“As chuvias dos últimos días unidas ao mal estado das cunetas fan que na estrada de Navea barro e pedras cubran este vial cada vez que chove forte. Isto, unido a que é unha estrada moi estreita e sen quitamedos, é un perigo para todos os condutores”, sinala o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button