CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A estrea de “O que arde” no Centro Cultural Avenida da Rúa

O filme de Óliver Laxe tamén se proxectará hoxe ás 20 e ás 23 horas, mañá ás 20h. e o luns ás 22h.

 

De forma simultánea ao resto de cines de España, o Centro Cultural Avenida da Rúa acollía na noite do 10 de outubro a estrea de O que arde, o filme de Óliver Laxe rodada nos Ancares (Lugo), gañadora do premio Unha certa mirada no Festival de Cannes e premiada tamén no OUFF.

Protagonizada por Amador Arias e Benedicta Sánchez, O que arde xira en torno ao lume pero vai moito máis alá. É unha  película sobre a natureza e sobre a complexidade da vida no rural galego. Fala do amor, das crenzas e as ilusións dos protagonistas e tamén dos prexuízos e “da carraxe, do que lle arde a cada un por dentro ou dentro das cousas”, en palabras de Amador Arias, o actor que dá vida a Amador Coro, un veciño que regresa a casa tras cumprir condea por ter provocado un incendio forestal.

 

Benedicta Sánchez dá vida a nai de Amador Coro, o protagonista do filme.

 

Sen estar a sala chea, numeroso público asistía á sesión do venres na Rúa e quen aínda non viu o filme, rodado en galego, ten ocasión de facelo nas sesións de hoxe sábado (20 e 23h.), mañá domingo (20h.) e o luns (22h.).

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button