DeportesÚltima hora

A etapa 11ª da Volta 2018 pasará por Trives

Será o 5 de setembro e o horario para o paso da caravana é ás 14:30h. e para a carreira ás 15:35h.
A Volta España pasando por Trives nunha edición anterior deste evento./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre os concellos da provincia de Ourense polo que pasará A Volta nesta edición figura A Pobra de Trives.
O mércores 5 de setembro chegará a esta vila na súa 11ª etapa. Será ademais a xornada máis longa desta edición, Mombuei – Ribeira Sacra (207,8 km). O horario previsto para o paso da caravana é ás 14:30h. e para a carreira ás 15:35h.

Os ciclistas contarán no Alto de Trives cun desnivel ao que facer fronte estando ante un porto de segunda.
“Podemos dicir”, aseguran dende o Concello de Trives, “que son uns enclaves únicos e que gozarán cunhas vistas ben pintorescas na súa entrada a Trives tras subir os Canóns do Bibei e despedirán o noso concello coa inmellorable paisaxe do Val do Navea”.

Dende a administración trivesa tamén se agarda que A Volta “nos sirva ademais de escaparate turístico para a nosa vila grazas a visibilidade e repercusión que ten debido ao movemento que ésta orixina entre afeccionados e participantes”.

 

Perfil da etapa.

Artigos relacionados

Back to top button