DeportesGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A etapa 15 da Volta a España 2020 ao seu paso polos concellos de Verín e A Gudiña

Jasper Philipsen faise coa camiseta vermella na etapa máis longa desta edición, entre Mos (Pontevedra) e Puebla de Sanabria (Zamora)

 

A etapa 15 de La Vuelta 20 que arrancaba en Mos (Pontevedra) e remataba en Puebla de Sanabria (Zamora) percorría na xornada deste xoves 5 de novembro boa parte da provincia de Ourense, atravesando localidades como Xinzo de Limia, Verín e A Gudiña. Nestes municipios, especialmente en Verín e A Gudiña, a poboación pudo desfrutar en directo do paso dos ciclistas que tiveron que enfrontarse a unha xornada chuviosa e co vento en contra ao longo de máis de 230 quilómetros de media montaña (a etapa máis longa da Volta).

A carreira botaba a andar case media hora antes do previsto e o pelotón rodaba a máis de 42 km/ h na primeira hora botando abaixo todos os intentos de fuga. Ao cuarto intento, despois de 56 quilómetros e xusto despois de coroar o primeiro porto do día, Alto de San Amaro, formábase a fuga da xornada. Un grupo de 10 corredores ao que 15 kms máis tarde uniríanse outros 3 ciclistas.

 

O ganador da etapa Jasper Philipsen. /Foto: Unipublic/ Charly López.

 

A vantaxe dos 13 fuxidos ía aumentando ao paso polos 2 seguintes portos do día, Alto de Carcedo e Alto do Furriolo, pero a falta de 40 quilómetros a vantaxe baixaba do minuto e empezaban os ataques na fuga. Mattia Cattaneo ( Deceuninck Quick- Step) atacaba e íase en solitario a falta de 30 km para meta. Ninguén podía seguirlle e volvía levar a vantaxe por encima dos 2 minutos ao paso polo Alto de Padornelo, onde Guillaume Martin (Cofidis) asegurábase a clasificación da montaña. O pelotón aceleraba de novo o ritmo e daban caza ao italiano a 4 km de meta. Debido a unha mancha de aceite na estrada (a falta de 2km), tomábanse tempos para a Clasificación Xeral a 3 km de meta. Desde aí, UAE, Bora, Mitchelton, NTT… todos querían a vitoria de etapa. Ao final, Jasper Philipsen ( UAE Team Emirates) lanzaba o sprint a 150 metros e conseguía a súa primeira vitoria de etapa na Volta. Despois de ser 2º en Ejea de los Caballeros, 4º en Aguilar de Campoo e 9º en Suances. Un dos mozos debutantes do pelotón da Volta que se suma á lista de gañadores.

 

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos da etapa nos seguintes enlaces: https://osil.info/verin-sae-a-rua-para-ver-o-paso-da-volta-a-espana-2020/

https://osil.info/garda-civil-policia-local-e-proteccion-civil-velan-pola-seguridade-en-la-vuelta-ao-seu-paso-pola-provincia/

 

Artigos relacionados

Back to top button