EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A EVEGA, confrade de mérito da Confraría de Ribera do Guadiana

Este título recollíao o director deste centro, con sede en Leiro, Juan Manuel Casares
O director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Manuel Casares, no acto.
O director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Manuel Casares, no acto.

Este recoñecemento “serve coma estímulo para un centro que leva trinta anos traballando para o sector do viño en Galicia, facendo investigación, impartindo formación e prestando servizos analíticos e de asesoramento”, dicía do director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia-EVEGA (con sede en Leiro), Juan Manuel Casares, tras recibir a distinción a esta entidade do título de Confrade de Mérito da Confraría do viño Vino Ribera del Guadiana y del Cava. Esta institución foi fundada no ano 1980 coa misión de desenvolver a cultura do viño en xeral e moi en particular a do viño da Ribera del Guadiana e o Cava de Almendralejo.

O acto enmarcábase ademais na celebración do Centenario da colocación da primeira pedra da Estación Enolóxica de Almendralejo. Antes da entrega dos diplomas celebrouse unha mesa redonda co título “Pasado, presente y futuro de las Estaciones Enolóxicas”, no que participaban os directores dos centros de Almendralejo, Haro e Galicia. Durante a súa exposición, Juan Casares apostou firmemente polo papel deste tipo de entidades que “no caso da Evega se atopan no verdadeiro centro do sector”.

Artigos relacionados

Back to top button