ConcellosÚltima hora

A experiencia do voluntariado sénior e do xuvenil no “Veigavrao 2.0”, na Veiga

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado visitaba este concello e reuníase cos participantes nos programas do 2019

Imaxe dunha das praias fluviais da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os maiores e a xente nova que ten participado nos programas de voluntariado xuvenil e sénior postos en marcha no Concello da Veiga durante o 2019 transmitíanlle as súas experiencias á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que durante esta tarde visitaba este municipio valdeorrés.

Así, os participante no programa de voluntariado xuvenil Veigavrao 2.0 realizaron actividades de educación medio ambiental e de educación e de animación infantil e xuvenil; así como intervencións relacionadas coa igualdade de xénero e o benestar das persoas maiores do municipio.

Cristina Pichel, que estivo acompañada do alcalde da Veiga, Juan Anta, destacaba a contribución destas persoas á dinamización da contorna a través das accións voluntarias que levaron a cabo.

Por outra banda, dentro do voluntariado sénior divulgouse a rede etnográfica da Veiga e fíxose un traballo de recuperación de cánticos populares.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button