ConcellosÚltima horaVilamartín

A exposición “Córgomo Arte” cancela a súa edición de 2020 pola pandemia

Os artistas valdeorreses Torino e Manuel Conde, na pasada edición de Córgomo Arte./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O proxecto “Córgomo Arte”, co que os creadores Torino e Manuel Conde levan case unha década apostando por levar a creación contemporánea ao rural valdeorrés, fará unha paréntese neste ano 2020 debido á pandemia.

“O 2020 estanos confinando máis alá das paredes das nosas casas e Córgomo Arte non queda á marxe desta realidade. Desde a organización tiñamos posta a nosa ilusión en que o certame deste ano deixara un pouco de cor e ilusión para afrontar os incertos tempos que nos está tocando vivir, mais debido á actual situación sanitaria derivada do Covid-19 e por responsabilidade social tomamos a difícil e dolorosa decisión de suspender a novena edición de Córgomo Arte, que coma cada decembro agardaba pola visita de todos vosoutros”, tal e como indican os artistas e a comisaria da mostra, Silvia Fiallega.

Así mesmo destacan que “a prioridade agora mesmo é coidarvos e coidármonos. Pero aínda que non sexa de xeito presencial, convidámosvos a visitar e participar nas nosas redes sociais https://www.facebook.com/Córgomo-Arte, onde iremos achegádovos novidades nas datas habituais de celebración de Córgomo Arte (do 08 de decembro ó 6 de xaneiro).

Os organizadores de Córgomo Arte tamén confían en poder continuar con esta iniciativa no 2021 e anuncian que volverán “con máis ganas e máis forza ca nunca”.

Artigos relacionados

Back to top button