CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “Elipsis de Luz” da valdeorresa Reme Remedios, en León

A pintora achega nesta mostra, cuxa inauguración terá lugar o 14 de outubro, unha serie de obras creadas a partir dun poemario de Ana Luisa Amaral

Imaxe do cartel da nova exposición de Reme Remedios./ Cedida.

 

Poesía e pintura xúnguense na nova exposición da artista valdeorresa Reme Remedios. O seu título é “Elipsis de Luz” e inaugurarase mañá mércores 14 de outubro na Galería de Arte Ármaga de León. “É un evento dentro da axenda cultural das xornadas Leteo, específico do premio Leteo, que este ano foi concedido á poeta lusa Ana Luisa Amaral”, explica a creadora valdeorresa.

De feito, é dos versos desta autora portuguesa dos que parten os debuxos e pinturas que poden verse nesta mostra. En concreto están creados a partir do seu poemario “Escuro”. Esta conxunción “estimulou os posibles de ambas as para xerar luces no máis escuro; escuridade nos amarelos que representan gaiolas e liberdades a partes iguais. O sol, a auga, o non-lugar… supoñen todos eles alegorías que desdobran a parte natural de todo pensamento cósmico coa máis humilde significación do cotián”, en palabras de Rafael Saravia, autor do texto de presentación da mostra.

Ata o 31 de outubro poderá visitarse esta exposición, que está enmarcada nas XVIII Xornadas Leteo.

 

Outra das obras da mostra./ Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button