CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños” chega a Vilamartín de Valdeorras

A mostra sobre a vida e obra do literaro valdeorrés permanecerá aberta ata o 28 de abril
Dous dos paneis que forman parte da exposición.

Despois de percorrer diferentes escenarios da comarca (O Barco, A Rúa,…) e tamén de fóra como o País Vasco, a exposición “Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños” chega esta fin de semana ao Centro Sociocultural Santa Lucía no que permanecerá ata o 28 de abril.

Florencio chega así ás Festas de San Jorge, e todo aquel que desexe coñecer un pouco máis sobre a vida e obra do autor nado en Córgomo, poderá facelo en horario de 16:30 a 19:30h. Na xornada de clausura farase, a partires das 20h. unha visita guiada pola exposición co acompañamento musical do grupo valdeorrés Big Crunch que ofrecerán a súa visión das poesías de Florencio Delgado Gurriarán nun concerto acústico. O acto pecharase dun dun viño de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button