ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

A exposición “Gaitas primitivas”, instalada en Río, faise dixital e permanente

Ademais unha vez rematada a visita, quen queira pode enfrentarse ao “Digital Quiz” no que pode comprobar os coñecementos adquiridos e que permitirá obter diplomas e mesmo algún agasallo

 

O Concello San Xoán de Río inauguraba o pasado 15 de xullo a primeira exposición interactiva de gaitas primitivas. Incluía códigos QR para que cada instrumento exposto tivese a súa explicación de forma dixital con audios e videos.

A súa boa acollida e a situación epidiomolóxica actual levaban a que os seus promotores deran un novidoso paso máis. “Debido ao gran éxito da exposición e ao COVID-19, esta mostra, en vez de ter horario de visitas, pasará únicamente a poder ser visitada tras concertar cita no concello de San Xoán de Río. Ademais, todo o mundo terá acceso a exposición virtual nunha páxina web https://www.gaitasprimitivas.com/ “, tal e como anuncian dende o Concello

Así mesmo, unha vez rematada a exposición, quen queira pode enfrentarse ao “Digital Quiz” no que pode comprobar os coñecementos adquiridos. As persoas que superen os 30 puntos recibirán no seu correo electrónico o diploma de ter completado esta exposición asinado por Xosé Miguel Pérez Blecua (alcalde de San Xoán de Río) e Xosé Lois Foxo (director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense). Ademais as persoas que obteñan as puntuacións mais elevadas recibirán un agasallo relacionado co mundo da gaita.

 

Artigos relacionados

Back to top button