OurenseÚltima hora

A exposición “In Tempore Sueborum” alcanza os 25.000 visitantes

A mostra sobre o reino suevo organizada pola Deputación de Ourense poderá visitarse ata o 6 de maio
Manuel Baltar co director e os alumnos do colexio Ventín de Ames (A Coruña).

Coa visita dun grupo de alumnos do colexio público de Ventín, en Ames, a exposición In Tempore Sueborum, que organiza a Deputación de Ourense, alcanzaba hoxe 15 de marzo, os 25.000 visitantes.

Segundo Manuel Baltar, a mostra sobre o reino suevo que pode verse ata o 6 de maio, “continúa a ser un pulo de atracción” animando a todos aqueles que aínda non a visitaron a que se acheguen a vela porque é “unha oportunidade única xa que forma parte xa da esencia cultural de Ourense e o éxito de crítica e de público significa que esperta un interese inusitado non só en Galicia senón fora da nosa Comunidade Autónoma, polo que creo que foi unha gran aposta cultural que marca o camiño a seguir”, dixo Baltar.

Esta exposición internacional xa recibiu a visita de autoridades académicas, económicas, sociais, políticas e diplomáticas tanto de España como doutros países –Marrocos, Polonia, Portugal, China, Francia, Reino Unido, Alemaña– “non só na exposición senón no ciclo de conferencias paralelo que se está a desenvolver. Non ten parangón con ningún outro que se fixera por estas latitudes. En definitiva, hai que seguir nesta liña”, salientou o presidente do goberno provincial, engadindo que “agora imos a polos 30.000 visitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button